Skip to content

Galego

descarga y comparte

Dende 1978, cada 18 de maio, celébrase o Día Internacional do Museo, unha iniciativa auspiciada polo International Council Museum (ICOM) coa fin de achegar os museos á sociedade, dar a coñecer os seus valores e amosa-las iniciativas que levan a cabo. Cada ano, os distintos museos de todo o mundo organizan diversas actividades ao redor deste día, creando unha cita de encontro anual.

Pero na actualidade o público cambiou e a sociedade na que vivimos experimentou importantes transformacións polo desenvolvemento tecnolóxico. Hoxe non hai dúbida da importancia de Internet e de cómo revolucionou as nosas vidas converténdose nunha das principais fontes de comunicación e información.

Coa fin de que o Día Internacional dos Museos estea tamén presente na rede, proponse que a campaña DOODLE4MUSEUM, que ten coma obxectivo conseguir que Google, principal buscador de información na rede e un dos portais máis visitados, desenvolva un Doodle conmemorativo dese día.
Google e o seu deseñador Dennis Hwang realizaron nos últimos anos varios doodle para conmemorar diversos días internacionais, coma o día Mundial da Agua ou o Día Internacional da Muller. Tamén se achegou ao mundo da arte realizando doodles inspirados na obra de destacados artistas, coma Van Gogh ou Munch.

Os doodles conmemorativos sustitúen ao logo habitual de Google durante o día sinalado e son difundidos, alén do mesmo portal de Google, por medios de comunicación dixitais, sitios web e blogs que se fan eco do evento.

A campaña DOODLE4MUSEUM  ten coma fin conseguir axunta-los esforzos de tódolos museos, e especialmente dos que están presentes en Internet, de tódolos profesionais que empregan a rede e de tódalas persoas interesadas nos museos para tentar conseguir que este día se celebre tamén no entorno virtual.

O achegamento á cultura iníciase coa toma de conciencia sobre si mesma. Por iso, o obxecto desta campaña é precisamente ese, que os milleiros de internautas que diariamente empregan Google coñezan a existencia do Día Internacional dos Museos e se interesen por participar nel.

A implicación de tódalas persoas que se encargan da difusión dos museos a través das redes é precisa para que este iniciativa surta efecto, polo que se agradecería a súa implicación na mesma e a súa colaboración para difundila.

Síntase libre en todo momento de empregar ou modificar esta información coma estime oportuno e de realizar as propostas que considere axeitadas. Non esqueza consulta-las diferentes formas de participar nesta iniciativa para que un Doodle conmemore na rede o Día Nacional dos Museos.

Anuncios
One Comment leave one →
  1. Francisco Fariña permalink
    28 febrero, 2011 18:33

    Sumome á vosa proposta. Pode ser unha boa idea para superar a imaxe tradicional do frontal de templo grego que é o logo sempiterno

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: